domingo, 24 de febrero de 2008

De pegada por Carballo e Coristanco


Este primeiro sábado de campaña saímos á rúa de pegada da campaña das XSG.

A tarde promatía, xa que Vanessa, Raquel, Verónica, Cristina, Óscar, Martín, Rode, Sergio e María, cada vez que saímos de pegada...Montámola gorda!!!!!!

O primeiro día saímos escopeteados da casa do alcalde de Coristanco, que case chama á policía pensando que eramos erroristas ou algo parecido....en fin!!

Onte, empezamos con Óscar subido ós hombros de Sergio para poder pegar nun dos tablóns electorais ( estaba a dous metros de altura: e eso que se chaman tablóns de libre expresión1!!!!)de alí seguro que non nos quitan o cartel!!!!

E despois, nunha das múltiples paradas de bus do rural (no medio do monte) descubrimos uns 100 tetrabriks de viño!!! parece ser que son dun suxeito coñecido por eses lugares (non vou a decir nin onde nin o seu nome) que mentras espera ó bus sempre consume un cartón de viño!!!!!!todos de "Gran Duque" (non é por facer publicidade...)

Catro horas de pegada e o domingo pola mañá.....xa non tiñamos carteis pegados!!!!

Haberá que saír outra vez, nonsí?????

martes, 19 de febrero de 2008

lunes, 18 de febrero de 2008

Benvid@s

Moi boas, amigas e amigos

Nace o Blog das XSG-Carballo, a través do que vos manteremos informados de tódalas nosas actuacións de campaña.

Pretendemos tamén ser un novo foro aberto para a mocidade de Carballo e Coristanco, polo que se tedes calquera suxerencia, petición ou reivindicación, non dubidedes en facérnolas chegar a través do noso correo electrónico: carballo@xuventudessocialistas.org

Benvid@s a este novo espacio na rede