domingo, 11 de octubre de 2009

Por un ensino sen ataduras



Se queres obter máis información, porunensinosenataduras.org

viernes, 20 de febrero de 2009

Fai que non volvan




Para que non volvan só hai un camiño.............acudir a votar o próximo 1 de marzo!!!

viernes, 26 de diciembre de 2008

Obradoiro de Sexualidade

As XSG-Carballo están a organizar un obradoiro de sexualidade para o vindeiro sábado 3 de Xaneiro en Carballo.

O obxectivo fundamental deste é profundizar na educación entorno á realización de prácticas sexuais seguras como único medio para disfrutar dunha vida sexual sá.

Este obradoiro dara comezo ás 16.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, e será dirixido por unha técnica experta en saúde e sexualidade.

Para poder insacribirvos só tendes que enviar os vosos datos por correo electrónico (nome, apelidos e teléfono) a carballo@xuventudessocialistas.org antes do venres 2 de xaneiro ás 12.00 horas

Esperámosvos o día 3!!!!

lunes, 1 de septiembre de 2008

A Prostitución a debate en Carballo




Bergantiños, 1 de setembro de 2008

As XSG-Carballo están a organizar para o próximo venres día 5 un debate sobre a prostitución en Carballo.

Esta mesa-debate terá lugar nas instalacións do Pazo da Cultura de Carballo a partires das 18.00 horas.

Esta iniciativa, pretende achegar o debate sobre esta realidade social ás rúas de Carballo, xa que hoxe, en España, a situación da prostitución caracterízase por unha invisibilidade froito da clandestinidade na que se desenvolve.

Hoxe, o negocio da prostitución move entre 5 e 7 billóns de dólares cada ano( 18.000 millóns de euros en España), situándose como o segundo negocio máis lucrativo no mundo por detrás do tráfico de armas e por diante do narcotráfico, segundo un informe sobre a prostitución publicado Polo Congreso dos Deputados.

Todo isto fai que dende as Xuventudes Socialistas expoñamos a necesidade de que a sociedade se pronuncie sobre cal debe ser o papel que o Estado ten que xogar entorno á prostitución, animando á cidadanía de Carballo a que este venres 5 acudan ao Pazo da Cultura para manifestar as súas opinións acerca da prostitución.

As XSG queremos facer deste debate un foro aberto de opinión para a cidadanía de Bergantiños, polo que dende aquí animamos a tódolos/as veciños e veciñas a participar desta actividade.

Para falar de todo isto, este debate contará coa presencia dunha das asociacións feministas que máis traballan en Galicia entorno á prostitución como é ALECRÍN, a cal aportará a través da Responsable do Centro de día de Mulleres Prostituídas, Silvia Pérez Freire, datos sobre a prostitución en Galicia.

Tamén participarán nesta mesa debate a Concelleira de Igualdade do Concello de Carballo Mª Lourdes Rey Fau, a Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas de Galicia, Tamara Canosa Ferrío e a Secretaria de Muller e Igualdade do PsdeG-PSOE-Carballo, Mª Carmen Vila Blanco.

miércoles, 27 de agosto de 2008

Visita a Asunción Antelo


O luns, 25 de agosto, a iso das dez e media algúns membros das Xuventudes Socialistas de Carballo e Coristanco fomos visita-la Casa Museo de Asunción Antelo, en Segufe no concello de Coristanco.
Asunción é unha muller de esquerdas, algo que se percibe vendo o seu traballo, unha muller culta que escribiu xa dous libros: Páxinas da Rexubeira de Bergantiños e As penurias dun amor e que é coñecida como a Rexubeira de Bergantiños
Como sempre recibiunos cos brazos abertos e ata tivemos a sorte de beber da auga da súa fonte e tamén nos agasallou con un dos seus libros; puidemos ver a súa incrible e extensa obra entre a que destaca unha silla, feita cunha cepa de carballo, onde se pode ve-la insignia socialista, a casa de Rosalía de Castro. Outra obra curiosa e o Bim Ladem que está escondido detrás dunhas montañas. Pero inda que unhas obras destaquen un pouco máis é imposible elixir unha delas porque todas son verdadeiras marabillas.
É unha pena que non poida ter un museo onde ter a súa obra exposta en boas condicións porque puidemos observar que algunhas das súas pezas, ó ser de madeira, estanse apolillando, e se non se lle dá un bo tratado co tempo pódense estragar.
Desde a nosa agrupación intentaremos conseguir unha subvención para que o día que ela falte a súa obra poida estar ben exposta e conservada nun museo maís amplo.
O máis normal sería que unha iniciativa como esta partira do señor alcalde pois sería unha forma máis de incentivar o turismo no noso concello pero parece ser que lle molesta un pouco que non comparta a súa ideoloxía e daquela ignóraa totalmente.
Para rematar queríamos darlle as grazas a Asunción e a súa familia por tratarnos tan ben na nosa visita.

lunes, 4 de agosto de 2008

A política

Política... Unha palabra esdrúxula utilizada en case tódalas conversacións que se entablan con calquera persoa, sexa coñecida ou non, pero que moi poucas entenden o seu verdadeiro significado. Etimoloxicamente, a política deriva do grego da palabra "Politeia", que así era como os gregos chamaban á "Teoría das Polis" (cidades). Ténse que ter en conta, tamén, que o prefixo "poli-" indica pluralidade (a política concérnenos a todos). Así que, atendendo á súa etimoloxía, a política é o sistema gubernamental de calquera núcleo de población con certa organización (que nunca falte a presencia do Poder, exercitada sempre por un número reducido de persoas dun determinado grupo social).
Historicamente, a política ten a súa orixe nos gregos (polo menos a europea). A verdade é que moitos dos sistemas gubernamentais europeos funcionan segundo os seus pensamentos e ideas, moi avanzados para a súa época.
O espectro político dos nosos días divídese principalmente en dúas correntes: a Esquerda e a Dereita. Os térmos de "Esquerda" e "Dereita" aparecen no parlamento francés creado trála Revolución Francesa. Os conservadores e monárquicos da época sentábanse no lado dereito e os liberais, no esquerdo. Así que por iso chamámonos uns ós outros "de esquerdas" e "de dereitas".
Deixando de lado a historia, achegámonos ó presente. A política hoxe en día está ata no último rincón da nosa vida: na nosa educación, no noso hospital, no supermercado, no ximnasio... En todas partes. Moitos dicimos que a política non nos interesa, pero sen ela non seríamos quen somos e, ademais, os que facemos que a política sexa algo real somos nós mesmos con cada un dos nosos pensamentos, con cada un dos nosos ideais, con cada reivindicación. Ademais é un rasgo que nos define como persoas, que nos clasifica, que nos agrupa, e na miña opinión, é un factor importante no que coincidir para facer amigos. Se non se pensa o mesmo, se non se cre nun mesmo ideal, ten que ser difícil poder entablar unha amizade sen encontronazos ou enfrontamentos.
Para rematar esta renovación, só dicir que como xuventude que somos, como partidarios do PSOE e como cidadáns dun país democrático, loitamos, queixámonos, reivindicamos, defendendo sempre os nosos ideais. Desexamos igualdade, tolerancia... A nosa participación, a de todos, é indispensable para mellorar o mundo no que vivimos e no que morremos. Todos vivimos nel, todos queremos estar ben e ter todo o que necesitamos (e mesmo o que non, o que simplemente queremos). Como cidadáns dun país, é o noso deber defender as nosas crenzas, os nosos desexos máis profundos para o pobo.

domingo, 24 de febrero de 2008

De pegada por Carballo e Coristanco


Este primeiro sábado de campaña saímos á rúa de pegada da campaña das XSG.

A tarde promatía, xa que Vanessa, Raquel, Verónica, Cristina, Óscar, Martín, Rode, Sergio e María, cada vez que saímos de pegada...Montámola gorda!!!!!!

O primeiro día saímos escopeteados da casa do alcalde de Coristanco, que case chama á policía pensando que eramos erroristas ou algo parecido....en fin!!

Onte, empezamos con Óscar subido ós hombros de Sergio para poder pegar nun dos tablóns electorais ( estaba a dous metros de altura: e eso que se chaman tablóns de libre expresión1!!!!)de alí seguro que non nos quitan o cartel!!!!

E despois, nunha das múltiples paradas de bus do rural (no medio do monte) descubrimos uns 100 tetrabriks de viño!!! parece ser que son dun suxeito coñecido por eses lugares (non vou a decir nin onde nin o seu nome) que mentras espera ó bus sempre consume un cartón de viño!!!!!!todos de "Gran Duque" (non é por facer publicidade...)

Catro horas de pegada e o domingo pola mañá.....xa non tiñamos carteis pegados!!!!

Haberá que saír outra vez, nonsí?????