lunes, 1 de septiembre de 2008

A Prostitución a debate en Carballo




Bergantiños, 1 de setembro de 2008

As XSG-Carballo están a organizar para o próximo venres día 5 un debate sobre a prostitución en Carballo.

Esta mesa-debate terá lugar nas instalacións do Pazo da Cultura de Carballo a partires das 18.00 horas.

Esta iniciativa, pretende achegar o debate sobre esta realidade social ás rúas de Carballo, xa que hoxe, en España, a situación da prostitución caracterízase por unha invisibilidade froito da clandestinidade na que se desenvolve.

Hoxe, o negocio da prostitución move entre 5 e 7 billóns de dólares cada ano( 18.000 millóns de euros en España), situándose como o segundo negocio máis lucrativo no mundo por detrás do tráfico de armas e por diante do narcotráfico, segundo un informe sobre a prostitución publicado Polo Congreso dos Deputados.

Todo isto fai que dende as Xuventudes Socialistas expoñamos a necesidade de que a sociedade se pronuncie sobre cal debe ser o papel que o Estado ten que xogar entorno á prostitución, animando á cidadanía de Carballo a que este venres 5 acudan ao Pazo da Cultura para manifestar as súas opinións acerca da prostitución.

As XSG queremos facer deste debate un foro aberto de opinión para a cidadanía de Bergantiños, polo que dende aquí animamos a tódolos/as veciños e veciñas a participar desta actividade.

Para falar de todo isto, este debate contará coa presencia dunha das asociacións feministas que máis traballan en Galicia entorno á prostitución como é ALECRÍN, a cal aportará a través da Responsable do Centro de día de Mulleres Prostituídas, Silvia Pérez Freire, datos sobre a prostitución en Galicia.

Tamén participarán nesta mesa debate a Concelleira de Igualdade do Concello de Carballo Mª Lourdes Rey Fau, a Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas de Galicia, Tamara Canosa Ferrío e a Secretaria de Muller e Igualdade do PsdeG-PSOE-Carballo, Mª Carmen Vila Blanco.

2 comentarios:

Unknown dijo...

bienvenidos y bien hallados sean los debates pero no estoy conforme me gustaria que hubiera mas debates:eutanasia,el aborto a plazos,apostasia,los inmigrantes puedan votar en una elecciones municipales ,laicidad,la religion en las escuelas y sobre la supresion o mantenimiento de la concertacion en la educacion por poner varios ejemplos

Anónimo dijo...

www.socialistasnavangarda.blogspot.com